Os encontros veciñais “Un café co alcalde” chegaron a Cures

27 Maio 2026

O rexedor de Boiro, José Ramón Romero, xunto cos demais membros do Goberno local, estiveron este martes 26 de maio en Cures no marco dos encontros veciñais Un café co alcalde. Durante a xuntanza o alcalde e concelleiros deron conta das distintas accións realizadas, presentaron os proxectos que están pendentes de executar e atenderon as demandas trasladadas pola veciñanza.

En canto aos proxectos máis destacados o alcalde destacou as obras para a mellora da eficiencia enerxética do Centro Social de Cures que se atopa neste momento en fase de licitación. Un proxecto que ascende aos 155.795,08 euros mediante o que se vai cambiar a cuberta e impermeabilización da fachada para evitar as humidades, así como cambiar as carpintarías.

O alcalde presentou tamén o proxecto para dotar aos núcleos de Cures e Ameán de saneamento mediante un sistema de depuración propio, unha actuación presentada como adicional no Plan de Obras e Servizos (POS+ Concellos) da Deputación da Coruña; así como outras actuacións pendentes de execución como o pavimentado de Enseño a Pomar do Río ou a reforma do parque de Ameán.

Estes encontros teñen como finalidade “ter un contacto máis directo coa veciñanza” e “darlles a oportunidade de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Concello, complementando así as xuntanzas particulares que se manteñen con todos aqueles veciños que así o solicitan”, informou o Goberno local.

O seguinte encontro será na parroquia do Castro, que se fará en dúas sesión. Unha delas na unitaria do Esteiro e a outra no Centro Social de O Cabo da Cruz.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.