Os deportistas locais Sara Caamaño e Andrés Pérez darán a saída á XVII Carreira Pedestre do Concello de Outes

14 Maio 2026

Sara Caamaño e Andrés Pérez, veciños de Outes, dous dos deportistas máis laureados deste municipio con numerosos recoñecementos deportivos ás súas costas, participarán este domingo na XVII Carreira Pedestre. Xuntos darán o sinal de partida ás diferentes probas e acompañarán aos gañadores nos distintos podios.

A proba comezará ás 10h da mañá con saída e chegada á praza de Galicia. A primeira quenda será de 10 quilómetros, na que participarán os corredores dende a categoría promesa ata os veteranos. Tamén haberá un circuíto de 3 quilómetros, outro de 1 para as categorías inferiores. A cativada gozará dun percorrido adaptado que irá dende os 50 aos 450 metros.

Todos os corredores categorías chupete, pitufo, benxamín e prebenxamín recibirán a súa medalla. Para o resto, haberá trofeos para os tres mellores clasificados, así como para os locais máis destacados. Ademais, o equipo que aporte máis participantes á carreira tamén será recoñecida cun galardón.

Dende o Concello de Outes apuntan que os dorsais e os chips poderán recollerse no polideportivo de A Serra, dentro do campo de fútbol, ata 30 minutos antes do inicio de cada carreira.

Os máis pequenos participarán nunha mini olimpiada, poderán probar as súas forzas e habilidades en diferentes lanzamentos, saltos e carreiras.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.