O Son acolle en xullo un curso da USC e o Concello sobre novos retos da igualdade

31 Maio 2026

Os vindeiros días 8 e 9 de xullo, o auditorio da Casa da Cultura do Concello do Porto do Son acollerá o curso de verán Novas fronteiras da igualdade: retos e solucións nas relacións laborais, unha formación de 15 horas lectivas de duración organizada pola Universidade de Santiago en colaboración co Concello, vai abordar dende unha perspectiva xurídica e interdisciplinar, algúns dos desafíos actuais en materia de igualdade e non discriminación no ámbito das relacións laborais (xénero, idade, discapacidade, enfermidade, orientación sexual, interseccionalidade, etc.).

A formación contará coa participación de profesionais do eido académico, xudicial e institucional, entre elas representantes do Consello Galego de Relacións Laborais, ademais da programación de dúas visitas culturais.

O curso, con prazas limitadas, está orientado tanto a estudantes como a profesionais do sector xurídico e laboral, ademais de axentes sociais e calquera persoa que teña interese por coñecer as políticas de igualdade no entorno laboral. Levaranse a cabo oito palestras especializadas e unha mesa redonda con axentes sociais e combinará o estudo normativo coas ferramentas prácticas necesarias para a identificación, prevención e erradicación da discriminación no entorno empresarial.

A inscrición permanecerá aberta ata o 26 de XUÑO e o custo xeral da matrícula fíxase en 70 €, cunha tarifa bonificada de 40 € para estudantes, persoas en situación de desemprego, pensionistas e integrantes da comunidade universitaria da USC

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...