O Porto do Son volve favorecer a conciliación familiar a través da súa Ludoteca de Verán

28 Maio 2026

Outro verán máis, a rapazada do Porto do Son poderá desfrutar da Ludoteca de Verán, impulsada polo Concello e dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos (nados/as entre 2014 e 2022). O Concello explicou que se trata “dun espazo lúdico-educativo de conciliación familiar no que os nenos e nenas apuntados poderán aprender a través de xogos populares, cooperativos e deportivos, guiados por monitores”.

Esta iniciativa levarase a cabo en dúas quendas, do 29 de xuño ao 10 de xullo e do 17 ao 28 de agosto. Realizarase de luns a venres, en horario de 09:30 a 14:00 horas. As familias deberán de escoller unha das quendas e, no caso de quedar prazas vacantes poderán optar á outra, seguindo a mesma orde de inscrición e prioridades.

A proposta está dirixida para nenos/as empadroados no Concello de Porto do Son ou matriculados nun CEIP municipal. Darase prioridade (por orde de rexistro de entrada) e co obxectivo de favorecer a conciliación a se os dous pais/nais traballan ou pai/nai en caso de familia monoparental. Tamén, en segundo grado, se un dos dous (pai/ou nai) traballa.

As prazas son limitadas e as inscricións poderán realizarse do 1 ao 4 de xuño (ou ata rematar prazas) no rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello. O formulario de inscrición xa está dispoñíbel para descargar na web municipal.

As persoas interesadas tamén poderán obter máis información a través do enderezo electrónico omix@portodoson.gal ou no teléfono 981 767 589.

“Outro verán máis poñemos en marcha esta iniciativa co obxectivo de ofrecer unha posibilidade de conciliación familiar na época estival e, ao mesmo tempo, ofertar un espazo de lecer e aprendizaxe, onde a rapazada continúe formándose e asentando os seus coñecementos en ámbitos como o ambiental, cultural ou deportivo”, indicou o alcalde, Luis Oujo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.