O Porto do Son celebrará as Letras Galegas cun concerto do cuarteto Balteira

06 Maio 2026

O Concello do Porto do Son vai celebrar con música o Día das Letras Galegas e o legado da escritora viguesa Begoña Caamaño (homenaxeada na edición deste ano). Así, o cuarteto Balteira visitará O Porto do Son o vindeiro 17 de maio para festexar a nosa cultura. A actuación terá lugar na praza de España (no caso de choiva será na Casa da Cultura de Porto do Son) e dará comezo ás 20:00 horas

Este grupo nace a finais do 2025 en Betanzos da man de Cris Sánchez e Noa Migal (voces e percusións), Álex Fente (acordeón) e Pablo Pacior (ventos). A súa proposta céntrase na recuperación do repertorio oral galego, incorporando arranxos contemporáneos pero respectando a estrutura e a emoción das pezas tradicionais.

Os cantares que sempre encheron de festa os torreiros e as melodías instrumentais para o baile, son o eixo sobre o que xiran os seus concertos, mantendo o espírito da foliada desde a calidade técnica e interpretativa destes catro grandes da nosa música tradicional.

Entre as gravacións xa editadas pola banda destacan o Maneo de Anxeriz, con arranxo de Pedro Lamas, e a Muiñeira de Bardaos, cun singular vídeo gravado no CIEC, espazo referente en Betanzos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...