“O oficio de escribir non precisa de axitadores pagados por partidos políticos” – Antón Luaces

17 Maio 2026

O Congreso dos Deputados retirou cautelarmente as acreditacións no seu día outorgadas aos considerados “axitadores ultras” Vito Quiles e Bertrand Ndongo, que viñan realizando unha función cualificada de xornalismo e que os propios xornalistas de distintos medios debidamente acreditados na Cámara Baixa rexeitaron por consideraren que o labor de Quiles e Ndongo non era outra cousa que mero acoso a prol dos partidos de dereita e extrema dereita. Porque Quiles e Ndongo non facían xornalismo: O seu era acosar á xente rendibilizando deste xeito un traballo de activistas a soldo de moi concretos partidos, accións que de ningún xeito aplicaban aos partidos que supostamente os apoiaban e mantiñan acreditados.

Entre as distintas acusacións que recaen sobor Quiles están as que culpabilizan ao PP de pagar ata 680.000 euros (de diñeiro público) ao medio que catapultou a Vito Quiles. Os verdadeiros  xornalistas fan fincapé en que “acosar á xente non é facer xornalismo”. E o labor de calquera dos dous citados axitadores, evidentemente non pode ser recoñecido como propio dun xornalista.

Escribir está ao alcance de calquera. Facelo no marco do xornalismo entendido coma tal obriga ao autor e ao medio para o que se escribe á pescuda , a recompilación, interpretación e difusión de información de interese público ao través dos distintos medios de comunicación, co obxectivo fundamental de ofrecer á sociedade o contexto necesario para se formar esta unha opinión libre e fomentar a participación cidadá.

Veracidade, servizo público e independencia son os piares básicos do xornalismo. E semella que ningún deles figura no ideario de Quiles e Ndongo.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.