O MUGART inaugura este sábado unha mostra que rende homenaxe ao universo de Jules Verne a través dos debuxos de Ignacio Hernández Suñer, Íñigo

06 Maio 2026

O Museo do Gravado de Artes (MUGART) vai inaugurar este sábado 9 de maio a mostra Jules Verne, Viaxe ao centro da Terra. A cita será ás ás 12.30 h na sala 0 do museo ribeirán. O proxecto expositivo confórmase por 65 debuxos á augada orixinais do debuxante Ignacio Hernández Suñer, máis coñecido como Íñigo. Toda esta obra pertence aos fondos do MUGART. A exposición poderá contemplarse do 9 de maio ao 8 de agosto 2026.

A mostra rende homenaxe ao escritor francés Jules Verne (1828-1905) e máis concretamente ao universo creado arredor dun dos seus libros máis célebres: Viaxe ao centro da Terra.

O MUGART lembra que Verne é coñecido en todo o mundo, en moitas linguas, polas súas novelas que mesturan aventura xeográfica, afán didáctico e progreso científico.

En 1864 publicou Viaxe ao centro da terra, que segue a reeditarse nos nosos días. Foi a segunda novela da serie Viaxes extraordinarias que comezara en 1863 con Cinco semanas en globo. A serie é de gran optimismo, de fe no progreso, que logo virará ao pesimismo a partir de 1879 ata as novelas póstumas O eterno Adán e A estraña aventura da misión Bardac.

As súas novelas tiveron moitos e bos ilustradores e o MUGART conserva ilustracións orixinais de Íñigo para Viaxe ao centro da terra, 20.000 leguas de viaxe submarina, Don Quixote da Mancha e As mil e unha noites, que foron a base de albumes ilustrados, de cromos e de adaptacións de novelas clásicas para a editorial Archivo de Arte.

Íñigo foi un ilustrador da mítica editorial Bruguera, de verdadeiro nome Ignacio Hernández Suñer, nado en Granollers en 1924 e falecido en Barcelona en 2015. Debuxante de tiras cómicas, comezou a súa carreira de ilustrador na década de 1950, e Viaxe ao centro da terra ilustrouna a fins desa década. Colaborador de Pueblo e ABC, a súa serie máis coñecida foi Lola, editada a partir de 1975. Expresividade, seguridade no debuxo e dominio da cor, caracterizan as súas ilustracións.

A novela de Verne é considerada por algúns críticos a primeira historia de ciencia ficción. Relata o achado do profesor Otto Lidenbrock dun libro antigo no que atopa un papel con xeroglíficos, que descifra coa axuda do seu sobriño Axel. O papel contén as indicacións para unha viaxe ao centro da terra, que realizarán Otto, Axel e o guía Hans.

Jules Verne conxuga con maña, neste libro, os elementos fantásticos cos datos científicos e así realidade e ficción xa non son perceptíbeis como tales e intégranse nun todo, o texto da novela. “Poder desfrutar destes orixinais únicos de Íñigo é posíbel grazas aos fondos do MUGART que nesta ocasión expón por primeira vez todos os orixinais que conserva de Viaxe ao centro da terra”, confirmaron dende a dirección do museo de Artes (Ribeira).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.