O domingo 14 de xuño celébrase no Son o MimarteSONFest 2026

19 Maio 2026

Mimarte, espazo creativo do Barbanza centrado nas artes escénicas e nas habilitades sociais, vai celebrar o vindeiro domingo 14 de xuño o seu festival MimarteSONFest edición 2026. Celebrarase na Casa da Cultura do Porto do Son a partir das 19.30 horas. Será unha gala protagonizada polo alumnado do espazo creativo e de artes escénicas impulsado por Mimarte no Porto do Son. Haberá actividades de humor, sketches, baile, música e balé. A entrada será libre ata completar cabida. Organiza Mimarte en colaboración co Concello de Porto do Son.

MiMarte é un espazo creativo e de artes escénicas que desenvolve a súa actividade formativa e cultural tanto en Ribeira (onde ten a súa sede principal) como no Porto do Son.

No Porto do Son, a súa actividade céntrase en impartir clases e organizar eventos culturais enfocados na expresión artística, como unha escola de danza e movemento, outra de artes escénicas e unha liña de actividade adicada a organizar festivais e eventos como o MimarteSONFest en colaboración co Concello de Porto do Son, un festival onde o alumnado do municipio amosa o aprendido enriba do escenario.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.