O Concello de Ribeira inicia unha campaña de control da velocidade dende A Capela ata A Graña

07 Maio 2026


O Concello de Ribeira iniciará en próximas datas unha campaña de control da velocidade mediante a colocación dun radar móbil no tramo comprendido entre A Capela e A Graña, na parroquia de Carreira, despois de que numerosa veciñanza trasladase que son moitos os vehículos que exceden a velocidade máxima permitida. O Concello explica que estamos ante unha medida temporal que busca exclusivamente calmar a
velocidade de circulación. Ademais, reforzarase con presencia policial na zona.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, explica que “tomamos esta decisión por motivos de seguridade, tanto para viandantes como para o resto de turismos, xa que nese tramo rexístrase bastante tráfico pola existencia de fábricas próximas. Non é con afán recadatorio, senón para que os condutores cumpran coa velocidade máxima permitida. Para iso, o Concello de Ribeira dedicará recursos materiais e humanos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...