O Concello de Ribeira e Callejeros Barbanza subscriben un convenio de colaboración por un total de 9.000 euros

05 Maio 2026

O Concello de Ribeira segue dando pasos en materia de benestar animal trala rúbrica, este martes 5 de maio, do convenio entre a Administración local e Callejeros Barbanza para a recollida, atención veterinaria, hospedaxe e esterilización de gatos abandonados por un importe total de 9.000 euros. Na sinatura participaron o concelleiro de Benestar Animal, Eladio Muñiz, e o presidente da referida asociación protectora, Juan Blanco. O presente convenio ten duración dun ano con entrada en vigor nesta mesma xornada.

“Callejeros Barbanza desenvolve un traballo exemplar na atención e protección dos animais, así como na promoción da tenza responsábel, polo que o Concello de Ribeira estará ao seu carón para facilitar as tarefas cotiás centradas, nesta vez, nos gatos. Neste convenio poñemos especial atención a continuar coas campañas de control poboacional de colonias felinas baixo o método CER: captura, esterilización e retorno. Efectuarase, polo tanto, a esterilización, chipeado e profilaxe”, en palabras do edil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...