O Concello de Ribeira e a Fundación Galega Contra o Narcotráfico estudan accións para loitar contra os narcopisos e incrementar as dotacións policiais

07 Maio 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reuniuse nesta semana co presidente e xerente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, Manuel Couceiro e Fernando Alonso, respectivamente, para abrir vías de colaboración de cara a instaurar accións conxuntas, algunhas delas enfocadas na preocupación que suscitan os narcopisos ou a ocupación.

Deste xeito, contémplase implantar accións que eviten o afloramento de narcopisos no municipio, “uns domicilios que non só atentan contra a saúde pública, senón que tamén contra a seguridade ao converterse en puntos de conflito que afectan directamente á veciñanza dos mesmos e ao conxunto da sociedade ribeirense”, en palabras da rexedora.

Durante o encontro de traballo avaliaron conxuntamente a situación no municipio e “para que esta realidade mude, unha das medidas nas que se vai insistir é na de ampliar o cadro de persoal da Policía Nacional atendendo á actual situación, tanto por incidencias como por número de poboación, como xa trasladamos por carta formal a Pedro Blanco”, segundo a mandataria local, polo que xa ten solicitada unha reunión ao delegado do Goberno en Galicia.

Ademais, Sampedro lembrou que en vindeiras datas manterase unha xuntanza cos sindicatos policiais sobre a necesidade de incrementar o número de efectivos. “Dende o Concello de Ribeira asumimos o compromiso de fortalecer a Policía Local, polo que agardo o mesmo compromiso por parte do Goberno central no que atinxe á Policía Nacional sen desbotar, incluso, a creación dalgunha unidade específica en Ribeira nesta materia como, por exemplo, a implantación dunha brigada de menudeo, incrementando así o persoal dedicado á loita contra o consumo e venda de estupefacientes”, sentenciou Sampedro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.