O BNG urxirá o Goberno a aprobar “de inmediato” a exención de cotas das mariscadoras galegas mantendo os anos de cotización

08 Maio 2026

A senadora do BNG, Carme da Silva Méndez, participará na vindeira sesión de control ao Goberno do Estado para reclamar á Ministra de Seguranza Social aprobar de “maneira inmediata” a exención das cotas das mariscadoras galegas mantendo ese tempo como cotizado para que non perdan anos de cotización.

Lembrou que os temporais dos pasados meses, alén de provocar un impacto ambiental nas rías galegas, “ocasionou un impacto socioeconómico importante para o sector marisqueiro galego”. De facto, engadiu, “calcúlase que se perdeu case a totalidade da colleita da campaña de marzo: 90% de berberecho, 95% de ameixa babosa e 60% da xapónica”.

A crise ambiental e produtiva, ademais, provocou ademais a interrupción da actividade de todo o colectivo de mariscadoras e puxo en risco a continuidade da actividade de máis de 3.000 mariscadores e mariscadoras, mulleres sobre todo, nos vindeiros anos, apuntou Carme da Silva, engadindo que “as mariscadoras non poden traballar porque non hai produto que recoller mentres centenares de familias dependen do marisqueo en importantes rías da Galiza como a de Noia, Arousa, Vigo ou Pontevedra, entre outras moitas”.

Ante esta situación, a senadora nacionalista lembra que o BNG vén reclamando adoptar medidas urxentes que axuden a paliar as consecuencias da grave crise que está a provocar a mortalidade dos bivalvos nas Rías Galegas nas mariscadoras.

“A Xunta e o Goberno do Estado deben ter a vontade de activar medidas contundentes que contribúan a superar esta crise”, sinalou Carme da Silva, apuntando que “as competencias en materia de marisqueo son principalmente da Administración galega”.

Con todo, Da Silva Méndez sinala que o Goberno do Estado “pode e debe adoptar medidas complementarias” entre as que salienta “a exención das cotas das e dos mariscadores galegos mantendo ese tempo de parálise como cotizado para que non perdan anos de cotización”.

Destaca, ademais, que o sector vive con inquedanza o cese da actividade presente, a falta de ingresos económicos e o que pode ocorrer no futuro máis inmediato se non se da unha recuperación dos bancos marisqueiros.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...