O Ateneo Valle-Inclán de Ribeira confirma a súa adhesión á campaña de recoñecemento a Quico Domínguez

06 Maio 2026
Quico Domínguez na horta da casa familiar no Pombal

O Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, con sede na praza de Compostela de Santa Uxía, compartiu con O Barbanza a súa carta-artigo de adhesión e apoio á iniciativa veciñal para recoñecer o importante legado do veciño de Pombal Francisco Domínguez Martínez, Quico, enxeñeiro industrial, articulista e militante galeguista, falecido en 2024.

O Ateneo Ribeira, a través do seu presidente Ciprián Rivas Fernández, acordou en reunión celebrada en data do 23 deste mes de abril, con único punto da orde do día, adherirse á iniciativa de que se nomee unha praza deste concello no barrio do Pombal como Francisco Domínguez Martínez, “Quico Domínguez”, ribeirense afincado en Vigo, enxeñeiro industrial, profesor da Universidade de Vigo e figura destacada do galeguismo cultural e político, entre outros méritos.

Foi presidente da editorial SEPT, impulsor da tradución da Biblia ao galego,membro directivo da Fundación Penzol e da Editorial Galaxia, e mantivo un compromiso constante co país e coa lingua galega ao longo de toda a súa vida.

A súa traxectoria, discreta e rigorosa, contribuíu de maneira decisiva á dignificación da nosa cultura e ao fortalecemento dun proxecto colectivo de país que merece recoñecemento público. O dedicar unha praza ao seu nome sería un acto de xusta homenaxe, e tamén unha maneira de transmitir ás xeracións vindeiras o valor do compromiso cívico, cultural e galeguista.

E por isto que desde o Ateneo Ribeira súmase a esta proposta para que sexa tida en conta como un xesto de gratitude institucional cara a quen, polos seus méritos, merece ser lembrado como un dos bos e xenerosos de Ribeira.

Asinado: Ciprián Rivas Fernández o 24 de abril de 2026.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...