O alumnado do PIE de Boiro, Rianxo e A Pobra mellora as súas habilidades en entrevistas de traballo

05 Maio 2026

O alumnado do Programa Integrado de Emprego (PIE) do curso 2025/2026 que levan a cabo de forma conxunta os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra participou o pasado xoves 30 de abril nunha xornada orientada a mellorar a súa empregabilidade.

Nesta sesión as persoas participantes tiveron oportunidade de mellorar as súas competencias para afrontar e superar entrevistas de traballo dinámicas e grupais. Durante a xornada leváronse a cabo dinámicas de role playing recreando entrevistas e dinámicas grupais que permitiron ás persoas participantes ver como actuaban ante estas probas de selección.

A actividade estivo impartida por Nuria Figueira, responsábel de Talento Corporativo de JEALSA Foods SA, quen achegou a súa experiencia en selección e desenvolvemento de persoas, guiando, acompañando e aconsellando ás persoas asistentes ao longo da sesión.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2025/2026 realízase en colaboración co Concello de Rianxo e de A Pobra, e está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.