O 2º pase do concerto “Grandes” Iconas soará no 5 de xullo no marco do Día do Orgullo en Ribeira

08 Maio 2026

O Concello de Ribeira atópase traballando xa na programación para conmemorar o Día do Orgullo LGTBIQ+, no 28 de xuño, e avanza xa unha das actividades que integrarán o cartel: o concerto Grandes Iconas, da Orquestra Sons. Os temas de Alaska, Rocío Jurado, Queen, Tino Casal ou Raffaella Carrà soarán nas voces dun cento de artistas no 5 de xullo, ás 20.00 horas, no novo Auditorio Municipal; unha actuación que se repite dado o éxito do pase feito no mes de febreiro.

A concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, na compaña da directora do Centro de Información á Muller (CIM), Loli Crujeiras, explicou que “decidimos incorporar esta proposta musical na programación polo Día do Orgullo dado que é unha maneira de visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ e reivindicar a través da música. Dado o éxito acadado no mes de febreiro, cremos que é unha boa opción repetir a experiencia, tanto para quen queira volver desfrutar do talento local como para quen non tivo ocasión de asistir con anterioridade”.

Durante a súa intervención, a edil tamén enxalzou o labor da orquestra Sons que “se erixe como un axente activo na vida cultural do noso municipio.”
O coro Cores é outra das entidades que colaboran con este concerto como indicou o director da orquestra, Álex Millet, xunto a Araceli Filgueira e Ana García, integrantes da directiva.

A venda das entradas comeza no luns, 11 de maio, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da Casa Consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 30 euros, máis gastos de xestión. A apertura de portas farase 45 minutos antes do inicio da actuación e tamén terán preferencia no acceso as persoas con necesidades especiais.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.