Natividade González destaca na Fundación RIA a importancia de apoiar proxectos que conectan cultura, deseño e territorio

27 Maio 2026

A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, visitou este martes 26 de maio a Casa RIA, sede en Santiago da fundación dese nome, impulsada polo arquitecto inglés David Chipperfield, afincando en Corrubedo. A entidade foi unha das 50 beneficiarias da liña de subvencións culturais FO2015, para as cales a Administración provincial destinou case 650 000 euros este ano. Alí puido coñecer de primeira man a exposición Deseño para vivir e o programa público vinculado a esta proposta cultural, impulsada ao abeiro destas axudas.

Durante a visita, González puxo en valor o traballo da Fundación RIA como espazo de reflexión, creación e divulgación arredor do deseño, a arquitectura e o territorio, así como a capacidade deste tipo de iniciativas para conectar cultura, pensamento contemporáneo e participación cidadá.

A responsábel de Cultura da Deputación tamén subliñou a importancia de apoios como o programa FO2015, cuxo obxectivo é “facilitar a programación de actividades culturais e fortalecer a rede de entidades que traballan pola promoción e difusión da cultura galega”, ao tempo que subliñou “o compromiso da institución provincial co apoio ao sector cultural”.

Deseño para vivir presenta unha selección de obxectos desenvolvidos polo estudio David Chipperfield Design nos últimos 35 anos e propón unha reflexión sobre o papel do deseño nun contexto de cambios sociais e crise ambiental.

A mostra pon o foco na relación entre deseño, territorio e vida cotiá, destacando a importancia dos materiais locais, das tradicións propias e dos modos de produción vinculados ao contexto galego.

A exposición esténdese polas dúas primeiras plantas da Casa RIA e inclúe obxectos, bosquexos, revistas, fotografías de proceso, materiais, maquetas e prototipos. Poderá visitarse até o 30 de xuño, de luns a sábado, en horario de 10 a 17 horas.

A Fundación RIA (Rede de Innovación Arousa) ten como obxectivo principal actuar como un think tank independente dedicado á investigación, análise e planificación territorial estratéxica de Galicia. A súa meta é preservar os valores naturais e culturais dos concellos do Barbanza (a ancestral relación dos seus habitantes co territorio e co mar, sustentábel e enriquecedora) de Galicia mentres se promove unha mellor calidade de vida.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...