“Mirar para os ollos”. Luís Celeiro

02 Maio 2026

Naqueles tempos da infancia de moitos de nós, dos lectores deste xornal, ao sentarse para comer
producíase un silencio absoluto naquel local, no piso do amigo ou na casa dalgún familiar. Todo
quedaba en silencio e tódalas persoas arrimadas á mesa sabían de memoria o refrán: “ovella que
fala, bocado que perde”. Efectivamente, se te distraes podías quedar con fame, naquel momento
cando todos andaban apurados para encher a boca e a barriga, antes de ir ao traballo, ás clases ou á
manifestación programada, como tódolos días.
Agora, nos novos tempos, cando a mesa está opulentamente servida, xa é outra cousa. A ciencia
apoiándose en ferramentas de intelixencia artificial e en dispositivos biométricos, sensores de ritmo
cardíaco, condutividade da pel ou expresión facial, indica as emocións das persoas mentres realizan
prácticas gastronómicas habituais, en grupo ou en solitario. Trátase dun informe no que participaron
investigadores da Universidade Rey Juan Carlos, da Sociedade Española de Neuroloxía e do Centro
de Investigación Biomédica en Rede de Fisiopatoloxía da Obesidade e Nutrición, do Instituto de
Saúde Carlos III.
Segundo os investigadores, a cociña de cada casa é un lugar para cociñar, estar, falar, mirar, escoitar
e sentir as emocións das lembranzas que traen esas receitas asociadas á memoria afectiva. Sen
necesidade de recorrer ao traballo dos investigadores. Moitas persoas recordan aqueles sabores dos
guisos, da tortilla e das filloas da avoa ou da nai. Son sabores herdados e que tanto prestaban e
gustaban na infancia.
Os autores deste informe aseguran que as pantallas e o uso de teléfono móbil, un potente
modificador da calidade sensorial e afectiva da experiencia alimentaria, non son boas compañías, nin
para cociñar nin para comer. Tampouco é recomendable a soidade. Pola contra, aconsellan a
compañía con alegría, xa que “o acompañamento social é o principal motor de benestar no fogar”.
Xa non ten importancia o refrán do comezo, como di a Tía Manuela, o importante é traelas verzas ou
os grelos (se é da horta, mellor) lavalas, cortalas, metelas na pota con unto e coas patacas. Seguir o
ditado da tradición. Cociñar, falar, aprender e comer, sen deixar de mirar uns para os ollos dos
outros, de todos os que estean na mesa.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.