Estoutro dia fun traballar a unha gran superficie en Duquesa de Lugo. Non é que sexa amigo do dono, pero cáeme ben. O nome figura na portada: Merlín. Ten que ser alomenos vinte veces máis vello ca min, pero seica Cunqueiro tratou con el. Aquí cítano como rei, que supoño é unha forma intelixente de dicir que mangoneaba ao rei Arturo cando este se pasaba coa Xenebra.
Traballei sen cobrar – como xubilado ten que ser así – porque encargara unha mesa para fóra da casa que, como viña desmontada, me cabía no coche, e aló fomos por ela Merce e mais eu.
Déixaronme o inmenso paquete no fondo de todo da grande superficie, e tiven que coller fóra un carro que – aínda baleiro – tiraba cara ao lado conservador, e tiña que ir gobernándoo para poder circular por entre os rimeiros de mercancía. Subir a mesa ao carro, foi unha odisea. Nos, sós diante do perigo. Unha mole coma o monolito de “Odisea no espazo”. 150 por 89. Non entraba de todo, e tiña que ir ladeada. Merce dirixía a maniobra, e eu maniobraba con máis perigo para as mercadorias da contorno ca para nós mesmos, pero debímolo facer moi ben porque ningún dos amables empregados da tenda do meu amigo – mira que son xeitosos para vender! – nos preguntou se precisábamos axuda. Vese que a nosa presencia aínda non nos fai entrar nesa categoría senior que provoca nos mozos un sentimento de protección, sempre estimable.
A raiz desta aventura recibín media ducia de correos de Merlin, entre eles un preguntándome que me parecía a experiencia, ao que lle respostei que a compra moi ben, pero quedei un pouco queixoso porque non me tivesen preguntado se precisaba axuda. Por agora, non me contestou.
Recuperamos o tempo seco este mércores 14, cun ascenso térmico no norte e ceos despexados
A comunidade galega quedará este mércores 14, San Calixto e San Evaristo, baixo a influencia das altas presións e a entrada dunha masa de aire cálido, configurando un escenario xeral de estabilidade meteorolóxica en todo o territorio. O día comezará con bancos de...



