María Sampedro e Román Rodríguez abordan a mellora das infraestruturas dos centros educativos de Ribeira

06 Maio 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reuniuse nesta semana co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para abordar a mellora das infraestruturas dos centros educativos do termo municipal. Neste senso, o representante da Xunta de Galicia informou de que comezarán en breves coa redacción do proxecto de rehabilitación integral do CEIP O Grupo co obxectivo de que “este colexio goce dunhas instalacións en óptimas condicións, pois, ademais, é o que reúne maior número de alumnado do noso termo municipal”, en palabras da rexedora. Unha vez se conte co proxecto final, continuarase con todo o procedemento para levar do papel á realidade as obras a acometer, engadiu.

Ademais, este mes está previsto licitar o ascensor para o colexio de Olveira por un importe de 77.000 euros; unha medida para combater as barreiras arquitectónicas e garantir a accesibilidade no interior do edificio.

Posteriormente, sumouse ao encontro de traballo o director do CIFP Coroso, Antonio Teira, para avaliar asuntos relacionados coa celebración do 50 aniversario deste centro educativo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.