Máis de 400 persoas participaron en Padrón no multitudinario xantar da terceira idade do San Xoán do Raio

07 Maio 2026

O tradicional xantar de confraternidade da terceira idade organizado polo Concello de Padrón no marco da festividade do San Xoán do Raio reuniu este mércores 6 de maio a máis de 400 persoas no Hotel Scala, nunha edición multitudinaria que volveu converterse nun dos actos centrais e máis emotivos das celebracións patronais.

Durante o encontro, o alcalde de Padrón, Anxo Arca, puxo en valor o papel das persoas maiores na construción da sociedade padronesa e agradeceu a súa implicación na vida social e comunitaria do municipio. “Co voso esforzo e traballo, axudastes a facer de Padrón un gran pobo, formando ademais novas xeracións que seguen traballando polo seu futuro”, sinalou o rexedor durante a súa intervención, ao tempo que destacou o exemplo das aulas de ATEGAL en Padrón, “as máis numerosas de Galicia”, como mostra do dinamismo e da participación activa da terceira idade da vila.

A xornada desenvolveuse nun ambiente festivo e de convivencia, co tradicional sorteo de agasallos no que Cristina Freire, José Gómez e Lidia Duro encargáronse de sacar os números das persoas afortunadas con catro caixas de viño, dúas ceas para dúas persoas e dúas entradas dobres para o balneario de Cuntis. Anxo Arca e a concelleira Mariló Saco entregaron os premios.

O Delegado do Goberno, Pedrod Blanco; o subdelegado, Julio Abalde; o líder do PSdeG, Gómez Besteiro, e o deputado Aitor Bouza, asistiron ao xantar de confraternidade

O grupo padronés UyF’75 foi o encargado de animar a sobremesa coa súa música, sacando a bailar a moitas das persoas asistentes ao xantar, entre elas a Manuel Cascallar e a Josefina Otero, de 95 e 90 anos, respectivamente. O seu baile foi un dos momentos máis entrañables da celebración.
Ao encontro tamén asistiron este ano o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Delgado; o subdegado na Coruña, Julio Abalde; o portavoz socialista no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e o deputado autonómico Aitor Bouza Manso, así como membros do goberno local, da Corporación de Padrón e representantes dos concellos de Rois e Dodro.


O multitudinario xantar da terceira idade foi un dos actos principais da programación do San Xoán do Raio, patrón de Padrón. A celebración completouse cos actos relixiosos tradicionais, presididos polo alcalde, entre eles a procesión do santo dende a casa consistorial ata a igrexa parroquial, acompañada polos gaiteiros da Asociación Folclórica Cultural O Pedrón e coa participación dunha peregrina madrileña como portadora da imaxe.
A misa solemne foi cantada pola Coral Val do Sar, nunha xornada que volveu demostrar o forte arraigamento desta festividade e o compromiso do Concello coa promoción das tradicións e coa posta en valor das persoas maiores de Padrón.

Sorteo de agasallos despois do xantar da terceira idade

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.