“Impunidade financeira” – José Manuel Pena

27 Maio 2026

Xa case nada nos debe sorprender con certas entidades financeiras e con algúns responsables de asociacións de bancos e caixas do noso país cando din que o sistema hipotecario español “é bo e un dos mellores da Unión Europea” e cando alegremente, sen ruborizarse sinalan que “un notario non admite un contrato hipotecario se ten cláusulas ilegais ou abusivas”.

A realidade é ben distinta e cada vez continuamos atopándonos con que algunhas das entidades financeiras máis importantes do noso país e da propia Unión Europea dedícanse a exercer unha “mala praxe” e atentan contra o Código de Boas Prácticas Bancarias. Están a ceder os seus préstamos hipotecarios, con riscos de falta de pagamento, a entidades especializadas na xestión do risco crediticio e da súa cobranza a través de “fondos voitre”. Moitas destas entidades a pesar de ceder os préstamos non son capaces de escapar das súas responsabilidades ao ser os verdadeiros titulares dos créditos. Estas empresas son utilizadas como sociedades instrumentais para ocultar a presenza, destes bancos, no “lobby dos desafiuzamentos”, ademais de tributar en “paraísos fiscais”.

Mentres todo isto sucede continúan producíndose desaloxos de familias humildes (aínda que xa non sexan tan mediáticos como en anos anteriores nin estean de tanta actualidade informativa), nas súas primeiras e únicas vivendas. O Banco de España e os gobernantes do noso país miran para outro lado e non se lles ve ningunha actitude que nos permita pensar, a curto prazo, que van tomar cartas no asunto contra a impunidade destas entidades financeiras que non fan máis que lucrarse á conta da maioría dos cidadáns.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.