Gadis e Amicos apostan pola inclusión como “motor de cambio social”

26 Maio 2026

Gadis e Amicos renovaron un acordo de colaboración en virtude do cal a cadea de supermercados reforza o seu apoio á entidade no seu labor de promover a integración social e laboral das persoas con discapacidade intelectual poñendo o foco tamén na sustentabilidade medioambiental e o coidado da contorna.

Responsábeis de ambas organizacións manifestaron a súa satisfacción durante a visita ao Bosque Gadis, o proxecto de reforestación con especies autóctonas realizado por traballadores das Ecobrigadas da entidade social en 2024.

En total, plantaron 300 bidueiros na leira de A Galpulleira de Curtis, que percorreron un grupo de estudantes de Educación Primaria do CEIP de Teixeiro. O obxectivo é sensibilizar ás nenas e nenos sobre a diversidade de persoas e a importancia da conservación da natureza.

Desde Gadis apuntan que esta acción inclusiva e de concienciación medioambiental forma parte do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa, con máis de 2.400 iniciativas de diversa índole que poñen ás persoas no centro: “A proximidade é máis que unha filosofía empresarial; é a nosa forma de entender, de actuar coa sociedade e coa nosa contorna”.

Pola súa banda, desde Amicos destacan que para a entidade “a colaboración con Gadis é un exemplo de como as alianzas co sector privado poden xerar un impacto real nas persoas e na contorna. O Bosque Gadis permitiu crear oportunidades laborais para persoas con discapacidade intelectual, contribuír á restauración ambiental e converter este espazo nunha aula ao aire libre para concienciar ás novas xeracións sobre a importancia de coidar os nosos bosques e a súa biodiversidade”.

O alcalde de Curtis, José Francisco Caínzos, e o concelleiro de Medio Ambiente, Iván Maques, tamén participaron na visita ao novo Bosque Gadis, co que colaboran, o mesmo que responsables da Fundación Vertex Bioenergy.

Gadis, coa inclusión social

Apoiar a integración social de persoas con diversas capacidades é unha das áreas de interese do programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis que, no caso de Amicos, tradúcese nunha colaboración continuada ao longo do ano con outras accións que levan a cabo, como o Festival Festirititi, que reúne a máis de 1.200 estudantes para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade ou o patrocinio do seu Calendario Solidario, entre outras.

Amicos, persoas que apoian a persoas

Amicos é unha organización inclusiva do Barbanza, con sedes en Boiro e Ribeira, que busca xerar oportunidades e ofrecer apoios a persoas con discapacidade intelectual, trastornos do espectro autista e parálise ou dano cerebral, así como ás súas familias. Con este obxectivo, traballa para conseguir a inclusión de cada persoa como cidadá de pleno dereito, apoiar os seus proxectos de vida e para promover a construción dunha comunidade diversa con conciencia ambiental e respectuosa co seu patrimonio e cultura. A entidade desenvolve a súa actividade cun modelo de intervención no que as persoas, familias e a comunidade ocupan o centro. Para iso conta con persoas, medios, recursos económicos e alianzas para o seu desenvolvemento efectivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...