Formoso recibe ao alcalde de Noia e ao Portus Apostoli Fútbol Sala para coñecer o proxecto deportivo e social do club

19 Maio 2026

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, mantivo unha reunión na sede da institución provincial co alcalde de Noia, Francisco Pérez Caamaño, e co secretario do Club Noia Portus Apostoli Fútbol Sala, Javier Barreiro Lorenzo, que asistiu en representación da entidade, para coñecer de primeira man o proxecto deportivo do club, que vén de certificar a súa permanencia na primeira división do fútbol sala nacional.

Durante o encontro, Formoso interesouse pola situación actual do club, pola súa estrutura deportiva e polos retos que implica competir na máxima categoría do fútbol sala estatal, así como polo impacto que a actividade da entidade ten no municipio de Noia e no conxunto da comarca.

Formoso lembrou que a Deputación da Coruña vén colaborando nos últimos anos co Club Noia Fútbol Sala a través das súas liñas de subvencións destinadas a entidades deportivas, con achegas anuais que oscilan entre os 43.000 e os 44.000 euros. “Este apoio contribúe a sufragar parte dos gastos derivados da actividade deportiva do club, como desprazamentos, competición, estrutura técnica, material deportivo e organización dos encontros”, indicou.

Formoso tamén destacou que Portus Apostoli “é un proxecto deportivo que leva o nome de Noia e da provincia por toda España, que xera ilusión na afección e que serve de referente para moitos nenos e nenas que practican este deporte”.

Pola súa banda, o alcalde de Noia, Francisco Pérez Caamaño, puxo en valor a traxectoria recente da entidade e o orgullo que supón para o municipio contar cun club consolidado na elite nacional do fútbol sala. O rexedor destacou a importancia da colaboración institucional para garantir a continuidade de proxectos deportivos que, como o Portus Apostoli, gozan dunha forte implantación social.

O secretario do club, Javier Barreiro Lorenzo, trasladou ao presidente provincial a realidade económica e deportiva da entidade, así como os principais retos de futuro dun club que representa a Noia na Primeira División de Fútbol Sala e que mantén un importante vínculo coa afección e coa base deportiva local.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...