Este sábado 9 de maio temos un novo Serán de Vai de Roda no Campo de Arriba de Rianxo

05 Maio 2026

Volve este mes de maio o Serán de Vai de Roda. Será este sábado 9 de maio no Campo de Arriba de Rianxo, achegando unha noite aberta e participativa “chea de música, baile, comida e bebida para tod@s”. Organiza a Asociación Vai de Roda en colaboración co Concello e a Deputación da Coruña.

Vai de Roda é unha asociación xurdida hai case dúas décadas para “promover e divulgar a música e o baile tradicional galego, así como todas aquelas formas de expresión que estes leven asociados (tecidos, vestimentas, costumes…)”.

Ao seu abeiro impulsouse unha escola de música e baile tradicional que é xa un referente no Barbanza e Galicia no ámbito formativo e dinamizador. Este legado divulgador e dinamizador é unha das claves dos seus festivais, entre os que se atopa o de Nadal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...