Este 10 de maio celébrase a nova edición da Romaría de Moldes

06 Maio 2026

Este domingo 10 de maio vaise celebrar a nova edición da tradicional Romaría de Moldes, a carón do histórico cruceiro do mesmo nome (no alto da parroquia de Oleiros, en Ribeira). A festa dará comezo ás 9.00 horas coas bombas de palenque, seguidas dunha alborada a cargo de Os Caraveiros e Os Pequenos do Barbansa.

Ás 11.30 horas volverá a música coa Charanga Os Celtas. Ás 13.00 horas haberá unha misa cantada coa Coral Abrente (Amas de Casa da Pobra) e o grupo de gaitas Os Caraveiros.

Logo das bombas de palenque do mediodía dará comezo unha sesión vermú amenizada por DJ Jalaiko.

Haberá sorteos durante a sesión vermú e haberá racións de polbo e churrasco da man da Pulpería García.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...