En Ribeira, adxudicada a execución do proxecto de iluminación do punto de interpretación en Punta do Castro

05 Maio 2026

O Concello de Ribeira adxudicou o proxecto de iluminación do miradoiro-punto de interpretación da paisaxe en Punta do Castro. Trátase dunha nova actuación encadrada no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), financiado con fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Dita intervención suporá un valor engadido para a visita ao conxunto arquitectónico desta antiga fábrica de salgadura, integrando a iluminación como unha ferramenta fundamental para a comprensión espacial, histórica e material do lugar, sen alterar a súa autenticidade nin interferir na súa conservación. Reforzará a lectura dos elementos (a fábrica e o miradoiro) facilitando o percorrido do visitante de maneira clara e segura.

A empresa Montaxes Eléctricas Noroeste, S.L. resultou a adxudicataria das tres que concorreron ao proceso de licitación por contar coa mellor oferta por un importe de 31.823 euros, IVE incluído, por un prazo de execución das obras de mes e medio.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.