En Noia, comezan as obras de saneamento e mellora do firme nas rúas Brasil e Lorenzo de Armada

03 Maio 2026

O Concello de Noia iniciará este luns 4 de maio as obras de saneamento e renovación do firme nas rúas Brasil e Lorenzo de Armada, en palabras do Executivo “unha actuación clave para mellorar as infraestruturas urbanas da zona”.

Dende o Concello explican que “aínda que xa se levaron a cabo traballos previos de preparación, será a partir deste luns cando comecen as actuacións de apertura, marcando o inicio efectivo dunha intervención moi demandada pola veciñanza”.

E engaden: “Este Goberno municipal aposta pola xestión directa das obras a través da Brigada Municipal, co obxectivo de optimizar os recursos públicos e garantir unha execución de calidade”. Esta nova actuación ponse en marcha tras a finalización dos traballos realizados pola brigada en Albariza e no Campo da Feira, reforzando así a continuidade da planificación municipal.

O proxecto permitirá implantar un sistema de saneamento separativo, co fin de evitar a sobrecarga dos bombeos, especialmente durante os episodios de choiva.

“Esta mellora contribuirá a un funcionamento máis eficiente da rede e a unha maior sustentabilidade do sistema”, informou o Concello, engadindo que “levarase a cabo unha renovación do firme, co fin de garantir maior seguridade viaria e comodidade tanto para peóns como para vehículos”.

As obras desenvolveranse por tramos, unha planificación que busca minimizar o impacto na actividade comercial e na vida diaria da zona.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.