En Boiro, continúan en Cures os encontros veciñais “Un café co alcalde”

21 Maio 2026

O Concello de Boiro continúa na parroquia de Cures os encontros veciñais Un café co alcalde, que terá lugar este vindeiro martes 26 de maio ás 20.00 horas no Centro Social de Cures.

Esta será a sexta parroquia que se visite no marco destes encontros coa veciñanza que teñen como finalidade que os veciños e veciñas de cada parroquia poidan poñer de manifesto as necesidades conxuntas de cada núcleo. Con estes encontros búscase ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade á veciñanza de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de desprazarse ao Concello.

Estas reunións son un complemento das xuntanzas que o alcalde e demais membros do goberno manteñen semanalmente de xeito individual con veciños e entidades que así o solicitan.

Encontro veciñal celebrado a semana pasada no Centro Social de Boiro

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...