“Diferentes realidades” – José Manuel Pena

19 Maio 2026

Os que levamos un certo tempo comprometidos en movementos veciñais e sociais estamos fartos de ver tanto cinismo e hipocrisía, como o demostran certos personaxes da vida pública, desde políticos, financeiros, empresarios, xornalistas e escritores que parecen vivir nunha realidade paralela e moi diferente á que nos toca enfrontarnos, cada día, á maioría de mortais.

Falan alegremente de cuestións puntuais como os desaloxos, os indixentes, os sen teito, os drogodependentes, os comedores sociais ou sobre as entidades benéficas coma se non fose con eles e o peor é que se atreven a ofrecer consellos e a sinalar a certos colectivos como de fracasados e parasitos sociais, sen pensar que eles son uns “privilexiados”, grazas ao sistema social e económico establecido e que de ningunha maneira queren deixar escapar nin perder.

Habería que lembrarlles a todos estes iluminados, pelotas, especuladores, corruptos e prostitutos do poder, que ninguén está libre de ser vítima dun abuso ou estafa bancaria, dunha neglixencia administrativa ou simplemente dunha enfermidade crónica ou a perda do posto de traballo para terminar caendo nunha situación de vulnerabilidade.

Non podemos cuspir, alegremente, na cara dos demais cando nós temos moito responsabilidade de contribuír, por acción ou omisión, a estas crises económicas, sociais e de valores.

Outros artigos

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

+

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...

+

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

Ante la inflación a un 3%, es decir la carestía de la vida, cada vez más difícil vivir decentemente, el BCE Banco Central Europeo, sube los tipos de interés al 2,25 con la idea de controlar el consume y crear ahorro. De qué consumo habla si las gentes van al mercado a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...