Detido en Vilagarcía tras alardear de ser de ETA e amenazar con poñer unha bomba

28 Maio 2026

Un home foi detido pola Policía Local de Vilagarcía de Arousa despois de alardear en plena rúa de pertencer á banda terrorista ETA e amenazar con colocar unha bomba nun bar.

TVG

O detido, que estaba en estado de embriaguez, protagonizou unha sucesión de altercados na vía pública que incluíron agresións físicas, lanzamento de pedras contra vehículos e operarios, e insultos de índole racista contra varios cidadáns.

Os feitos comezaron no parque da Xunqueira, onde o individuo intentou agredir a varias persoas. Máis tarde interveu frente a obras na avenida Rodrigo de Mendoza, onde un traballador subsahariano recibiu un impacto leve de pedra e sufriu insultos racistas, o que obrigou a paralizar temporalmente os traballos.

Despois trasladouse a un establecemento hostaleiro en Santa Eulalia, onde cuspiu a unha cliente, e finalmente gritou nas inmediacións dun bar da rúa Arcebispo Xelmírez que era de ETA e que ía poñer unha bomba, provocando múltiples chamadas á policía.

Tras a detención, a investigación por todos estes feitos quedou en mans da Policía Nacional.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...