Cultura Dispersa 2026 comeza o 16 de maio en Costa e levará actuacións ás doce parroquias de Rois

05 Maio 2026

A actuación do dúo musical Eva e Camilo o sábado 16 de maio en Costa marcará o inicio da programación de Cultura Dispersa 2026, o programa co que o Concello de Rois apoia as festas das doce parroquias do municipio. A maior parte das actuacións concentraranse durante o verán, en paralelo ás celebracións das festas parroquiais.

A programación continuará no mes de xuño, coincidindo coa celebración de San Xoán, cunha proposta musical en Buxán o mércores 24, a cargo de CDC DJ Truck.

Durante o mes de xullo desenvolveranse dúas novas citas. O sábado 4, Herbogo acollerá a actuación do Trío Rosel, mentres que o sábado 18 a Charanga Os Celtas participará nas celebracións de Ribasar.

O mes de agosto concentrará boa parte das actividades. O domingo 2, Os Jaitas Blue estarán en Augasantas e o venres 7 Os Retranqueiros de Ames actuarán en Rois. A programación continuará o martes 11 en Seira con Xoldra e o sábado 15 en Urdilde cunha actuación aínda por determinar. Dous días despois, o luns 17, Oín contará con inchábeis para a cativada. Xa a finais de mes, o domingo 30, Leroño recibirá de novo ao dúo Eva e Camilo.

En setembro celebraranse as últimas citas do programa. O domingo 6, OCT Chorima actuará en Ermedelo e repetirá o domingo 20 en Sorribas, pechando así a programación deste ano.

O Concello de Rois destaca a colaboración das comisións de festas e das asociacións veciñais na organización das actividades, que permiten achegar propostas culturais a todo o territorio municipal ao longo de varios meses. O programa conta tamén coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.