Cruz Vermella organiza en Rianxo unha andaina solidaria o vindeiro 24 de maio

08 Maio 2026

O vindeiro domingo 24 de maio ás 10.00 h celebrarase no concello de Rianxo a I Andaina Solidaria “Camiños de Ouro. O paraíso existe”, unha experiencia para desfrutar camiñando entre mar e terra, descubrindo recunchos únicos do concello rianxeiro e, segundo avanzou a organización (Cruz Vermella), “compartindo sorrisos, natureza e momentos que quedan para sempre”.

Trátase “dun percorrido pensado para gozar do entorno, respirar tranquilidade e sentir a maxia dos camiños que fan de Rianxo un lugar especial”. Quen queira facer a súa inscrición pode facela xa en liña. Será “unha xornada chea de vida, convivencia e solidariedade”.

Organiza a Cruz Vermella local. Ao remate haberá agasallos doados polo comercio local.

O recadado a través das inscricións permitirá á Cruz Vermella dispor de recursos para  dar resposta ás necesidades das persoas do Barbanza nas áreas de inclusión, emprego, saúde ou educación.

“Coa participación na andaina, ademais de realizar unha actividade comunitaria, saudábel e lúdica, estaremos facendo posíbel que a Cruz Vermella que as persoas en situación de vulnerabilidade da nosa contorna sexan atendidas. Ademais, de ter a oportunidade de gañar 3.000.000 € co boleto do Sorteo do Ouro que recibirás como agasallo pola túa inscrición”, indican dende a organización.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.