CONGALSA ratifica o seu apoio ao Club Baloncesto Rianxo tras reunirse coa presidenta da súa renovada xunta directiva

05 Maio 2026

CONGALSA seguirá colaborando estreitamente co Club Baloncesto Rianxo, unha das entidades deportivas da comarca do Barbanza á que apoia baixo a fórmula de patrocinio. A directora de Relacións Externas da compañía de alimentación, Isabel Cañas, desprazouse na mañá deste 5 de maio ata as instalacións do club rianxeiro para manter unha reunión coa súa presidenta, Almudena Somoza, que lidera a entidade desde agosto do ano pasado. No encontro participaron tamén Natalia Blanco, tesoureira do club, e Arturo Calvo, anterior presidente.

Representación de varios equipos de categorías premini, mini e infantil masculinos e femeninos

Durante a visita, Isabel Cañas puido coñecer de primeira man a actividade do Club Baloncesto Rianxo, así como a súa estrutura, o número de equipos que o compoñen e a relevancia do baloncesto feminino dentro da entidade, entre outras cuestións. Ademais, mantivo un encontro con representantes de varios equipos das categorías premini, mini e infantil, tanto masculinas como femininas.

A directora de Relacións Externas de CONGALSA trasladou o apoio da compañía ao club no marco da súa política de responsabilidade social corporativa, na que o fomento do deporte de base ocupa un papel prioritario, xunto á promoción da cultura e o respaldo a entidades sociais da contorna.

Arturo Calvo, ex-presidente do club; Natalia Blanco, tesoureira e Almudena Somoza, presidenta

Fortalecemento de vínculos

Isabel Cañas expresou a importancia de fortalecer os vínculos co tecido deportivo local. “Para CONGALSA é fundamental estar preto da contorna no que desenvolvemos a nosa actividade. O deporte de base é fundamental para crear hábitos de vida saudables desde a infancia e para transmitir valores que acompañan ás novas xeracións máis aló do ámbito deportivo, algo que o Club Baloncesto Rianxo reflicte á perfección coa súa actividade”, asegurou.

Pola súa banda, a presidenta do club agradeceu o apoio e a visita da directora de Relacións Externas da empresa da Pobra do Caramiñal, destacando a súa vontade de consolidar relacións estábeis co tecido empresarial local para seguir impulsando o crecemento do proxecto deportivo.

Ambas as partes coincidiron na importancia de continuar fortalecendo a relación entre empresa e deporte local, co obxectivo de xerar un impacto positivo na comunidade.

Almudena Somoza e Isabel Cañas

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.