Barbantia xunta forzas co Concello de Boiro para organizar, un ano máis a Romaría das Letras no Barbanza

10 Maio 2026

A Asociación Cultural Barbantia confirmou un ano máis a súa implicación nun dos grandes eventos do Barbanza no marco da festa do 17 de maio: a Romaría das Letras, edición XV, que se celebra o domingo 17 no Pazo de Goiáns da man da Área de Cultura do Concello de Boiro e coa colaboración (precisamente) de Barbantia.

A partir das 11.30 horas poderase visitar en Goiáns o mercado de artesanía e literatura cos stands dos colectivos como as palilleiras de Porto do Son, ganchilleiras de Bealo, postos de sancosmeiros, Aloumiños do Ceo, Quinteiro Doce, Artesanías Amorote, Che Tembra… e tamén as librarías Nobel de Boiro, Ler da Pobra e un posto de Barbantia.

Ás 12.00 horas haberá baile galego na Eira do Pazo con Xilbarbeira e Abanqueiro e ás 13.00 horas concerto sesión vermú con Maricarme no xardín do Pazo.

Logo do xantar popular, amenizado por Os Pequenos do Barbansa, haberá zona infantil con Miudinho Cooperativa no pombal do Pazo e as presentacións institucionais e literarias no interior do Pazo con Elas de Xulio Gutiérrez; e A Compostela de Begoña Caamaño de Encarna Otero.

Ás 18.00 horas baile galego na eira do Pazo con Aroña e Abeloura e ás 19.00 horas concerto con Os D’abaixo. A concelleira de cultura convidou á veciñanza de Boiro e a comarca a participar “nesta festa da nosa cultura e da nosa lingua” e animou á xente a vestirse “con algunha peza do noso traxe tradicional”.

Programa de actividades

11.00h – Apertura de portas e recibimento de participantes na XV Romaría das Letras no Barbanza

11.30h – Mercado de artesanía e literatura cos stands dos colectivos colaboradores e a exposición dedicada a Begoña Caamaño, homenaxeada co Día das Letras Galegas 2026

12.00h – Baile galego na eira do Pazo con Xilbarbeira e Abanqueiro

13.00h – Concerto sesión vermú con Maricarme no xardín do Pazo

14.00h – Xantar popular amenizado polos Pequenos do Barbansa

16.00h – Zona infantil con Muidinho Cooperativa no pombal do Pazo

16.00h – Presentacións institucionais no interior do Pazo

16.15h – Presentacións literarias a cargo da AC Barbantia:

Elas de Xulio Gutierrez. Taller creativo coa ilustradora Lucía Cobo (Editorial Kalandraka)

A Compostela de Begoña Caamaño de Encarna Otero (El Patito Editorial)

18.00h – Baile galego na eira do Pazo con Aroña e Abeloura

19.00h – Concerto con Os D’abaixo na eira do Pazo

21.00h – Remate da XV Romaría das Letras no Barbanza

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...