Arrinca a 14ª campaña Maio Solidario de Gadis

04 Maio 2026

O grupo alimentario galego Gadis lanzou a súa acción social máis emblemática: Maio Solidario, que cumpre 14 anos de compromiso coa sociedade. A iniciativa solidaria desenvólvese en 204 puntos de venda en Galicia e Castela e León e estará en marcha ata o 31 de maio. O obxectivo é “transformar
a realidade de miles de fogares en situación de vulnerabilidade”, informou a empresa, engadindo que as formas de colaboración son dúas: entrega de alimentos non perecedoiros nos espazos destinados a este fin nos supermercados ou realizando unha doazón económica no momento de pasar por caixa. En total, nos últimos trece anos recadáronse case 1,8 millóns de quilos de alimentos e máis de 292.000 euros.

Maio Solidario abandeira a acción social do programa de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) da empresa, con máis de 2.400 accións anuais, das que ao redor do 30% corresponden ao ámbito da solidariedade. Esta campaña reflicte o apoio de Gadis aos bancos de alimentos de Galicia e Castela e León, cos que traballa ao longo de todo o ano. O Banco de Alimentos Provincia da Coruña, os de Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Segovia, Salamanca, Valladolid e Zamora xestionarán a axuda que se recade entre as 800 asociacións ás que prestan asistencia. Estes colectivos chegan, á súa vez, a máis de 100.000 persoas desfavorecidas.

Gadis agradece de antemán a solidariedade dos seus clientes, así como o compromiso do seu equipo humano dos puntos de venda para que a campaña resulte un éxito. Tamén pon en valor a presenza de voluntarios nos supermercados e, desde os propios bancos de alimentos, fan un chamamento para contar con máis colaboradores.

No Barbanza forman parte da campaña os establecementos de Ribeira (na rúa Rosalía de Castro e na avenida da Coruña), o de Padrón (Tetuán), os dous de Noia (Carcacía e República de Arxentina), o de Muros (Porteliña), os dous da Pobra (rúa Castelao e e Paseo do Areal) e o de Boiro (Norberto Pijuán).


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.