Arredor de 300 persoas participaron no Día dos Avós e as Avoas do Colexio Sagrado Corazón de Xesús de Castiñeiras

05 Maio 2026

O Colexio Sagrado Corazón de Xesús de Castiñeiras (Ribeira) celebrou en abril a nova edición (a novena xa) do Día dos Avós e as Avoas, unha xornada familiar de confraternidade dirixida non só a estreitar os vencellos entre as e os integrantes da comunidade escolar senón tamén a reivindicar o imprescindíbel papel que xogan as avoas e os avós na educación e nos coidados.

O acto foi venres, 24 de abril, ás 15.00 horas, nas instalación do propio centro educativo de Castiñeiras.

Asistiron alumnado, familias e profesorado; involucrando así á comunidade educativa do centro.

A festa estivo animada coa música tradicional. Así, houbo actuacións de pandeireteiras e bailes rexionais que fixeron que os máis maiores botasen a man ao pandeiro e os pequenos apreciasen a nosa cultura.

Para rematar, celebrouse unha degustación todo xestionado pola Asociación de Nais e Pais (ANPA) do centro, onde non faltaron as conversas, as risas e os abrazos. Á dita festa asistiron arredor de 300 persoas.

Foi, en palabras da dirección do centro e da ANPA do colexio, “unha tarde sinxela, pero chea de significado, na que se puxo en valor o papel fundamental dos avós: mestres de vida, contadores de historias e gardiáns das nosas raíces. Sen dúbida, unha celebración para lembrar e repetir”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.