“Activista politico, axitador: rematará desta vez a festa?”. Antón Luaces

01 Maio 2026

Elxe foi o lugar de nacemento, no ano 2000, dun autotitulado xornalista que moitos teñen por verdadeiro paduán que, como calquera español, tivo a súa propia oportunidade política ao lombo da formación ultradereitista “Se acabó la fiesta”: os votos colleitados non foron abondo, malia o recoñecemento que á súa condición política deu o actual presidente arxentino Javier Milei. 

O labor fundamental deste influencer ou axitador chegou ao culmen esta semana cando, nun local público, abordou á dona do presidente do Goberno español, Begoña Gómez, quen ao parecer se atopaba na cafetaría acompañada dunhas amigas. Por este feito, Vito Quiles foi denunciado por Begoña Gómez, que o acusa de agresión após un altercado. Este incidente  ten outras frontes xudiciais abertas por, informa RTVE, revelación de segredos ou inxurias.

Esta non sería a primeira denuncia que Vito Quiles recibe: o pasado mes comparecieu coma querelado ante un xulgado de Madrid por un presunto delicto de revelación de segredos ao publicar en redes sociais o domicilio da presidenta de Red Eléctrica e exministra, Beatriz Corredor.

Foi procesado asimesmo por presuntas inxurias e calumnias ao secretario xeral de consumidores Facua, Rubén Sánchez.

Con todos estes precedentes -aos que se suma a petición dos xornalistas parlamentarios españois de que se lle retire a autorización que lle permite o acceso ao hemiciclo- Vito Quiles é o prixel de moitas das “salsas” políticas de partidos como PP, VOX e SALF, e de “saraos” programados para que, dun xeito especialmente dirixido, sexan o PSOE e o presidente actual do Goberno os máis prexudicados pola intervención do axitador de ultradereita.

Non se pode entender que, ata o de agora, ningunha autoridade impedira que actuacións deste calibre se produzan con tan absoluta impunidade. É como se o interesado, o propio Quiles, soubese que ningunha represalia lle pode afectar máis aló do que pode significar o malestar de aqueles aos que incordia. Ten máis sorte da que outros, por moitísimo menos (eran, efectivamente outros tempos) foron ao TOP sen xustificación válida. A ultradereita estaba na casa e tiña moi activo o ollo contra aqueles que non comungaran co franquismo.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...