A Xunta inviste máis de 2 millóns en completar o proceso de transformación dixital nas lonxas galegas

06 Maio 2026

A Xunta de Galicia materializou este mércores 6 de maio un importante paso adiante na transformación tecnolóxica do sector marítimo-pesqueiro galego investindo máis de 2 millóns de euros ata 2028 para seguir avanzando na transformación dixital das lonxas galegas. En concreto, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinaron na Lonxa de Tragove, en Cambados, un acordo de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA, dependente de Facenda) e a Consellería do Mar para o financiamento sustentábel e o desenvolvemento evolutivo do proxecto Lonxas Galegas 4.0.

Durante o acto, a titular de Mar destacou que este acordo enmárcase no obxectivo do Goberno galego para que nesa data “o 100 % dos nosos establecementos de primeira venda operen cos estándares tecnolóxicos máis avanzados de Europa”. Villaverde incidiu en que esta modernización tradúcese en “menos burocracia e máis facilidades para os profesionais” e engadiu que “as TIC facilitan o día a día ao dixitalizar desde a pesada ata a facturación ou a contabilidade das confrarías” e que “a tecnoloxía abre novas oportunidades de negocio, permitindo a un comprador revisar os lotes e participar nas poxas en tempo real desde o seu teléfono móbil, sen necesidade de estar fisicamente na lonxa, o que abre as portas a máis compradores e mellora a rendibilidade do produto”.

A conselleira tamén subliñou o compromiso co consumidor e a seguridade alimentaria: “A tecnoloxía que hoxe consolidamos garante unha rastrexabilidade total: controlamos o produto de xeito rigoroso desde o mesmo minuto no que se descarga ata que chega á mesa; e así, cando alguén merca un produto do mar de Galicia, ten a máxima garantía de calidade e orixe”.

Pola súa banda, o conselleiro de Facenda e Administración Pública lembrou que o proxecto Lonxas 4.0 beneficiou xa a 53 lonxas e 68 confrarías, modernizando todo o proceso de comercialización e poxa. “Estamos diante dun exemplo claro de como a tecnoloxía pode transformar un sector clave para a nosa Comunidade”, dixo, lembrando que estas actuacións permitiron “mellorar a conectividade das lonxas ao ampliar a capacidade de comunicación mediante a súa conexión á Rede Corporativa de Comunicacións da Xunta, modernizar o equipamento informático asociado e reforzar a seguridade e fiabilidade”.

Logo de lembrar que a iniciativa contou con achegas do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura, así como do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), Miguel Corgos concluíu subliñando que a Xunta “está a traballar para incorporar novas funcionalidades como un portal que difunda en tempo real os produtos e prezos que se van a poxar, a posibilidade de incorporar imaxe en tempo real para aqueles que non asistan presencialmente ou facilitar solucións que permitan agrupar nunha lonxa virtual a venda de produtos de distintas lonxas”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.