A xuíza Paz Filgueira ofrecerá en Ribeira este venres unha charla sobre a xustiza e a loita contra a violencia machista

07 Maio 2026

A maxistrada Paz Filgueira Fernández protagonizará este venres en Ribeira un faladoiro centrado no papel da xustiza na loita contra a violencia de xénero.

O acto, organizado pola Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres da Barbanza, celebrarase ás 20.00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas.

Durante a conferencia, a titular do xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela abordará a necesidade de seguir reivindicando os dereitos das mulleres en todos os ámbitos da sociedade, con especial atención ao sistema xudicial.

A maxistrada fará fincapé na situación das mulleres que denuncian aos seus agresores e nas dificultades legais ás que tamén se enfrontan os seus fillos e fillas ao longo dos procesos xudiciais.

O encontro desenvolverase en formato aberto, permitindo a participación do público asistente mediante preguntas e intervencións. Filgueira conta cunha ampla traxectoria tanto no ámbito xudicial como no movemento feminista, formando parte da Comisión de Violencia da Xuízas e Xuíces para a Democracia, dedicada á análise da violencia machista, a prostitución e a trata de persoas.

A iniciativa está impulsada polas entidades que integran a Marcha Mundial das Mulleres da Barbanza, entre elas Mulleres en Acción, Mulleres en Loita, As Malas Herbas, As Púrpuras, Galiza Nova Barbanza, a Asemblea Intercomarcal de Mulleres do BNG da Barbanza e Muros-Noia e a Secretaría das Mulleres da CIG As Rías.

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.