A vixésimo primeira edición da Carreira Popular Virxe da Guía terá lugar no 17 de maio

04 Maio 2026

O Concello de Ribeira colabora coa Asociación de Veciños de Carreira na celebración da XXI Carreira Popular Virxe da Guía que se celebra o 17 de maio, a partir das 10.30 horas, con saída e meta no campo da festa da parroquia. Durante a súa intervención, o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, puxo en valor o traballo da dita entidade, “un grupo de veciños e veciñas que seguen traballando a prol da súa parroquia”; ademais de reafirmar o apoio da Administración local a este tipo de probas que, neste caso, xa é emblemática en Ribeira.

Pola súa parte, o secretario da asociación, Moncho Sampedro, debullou os datos técnicos do evento na compaña de Marivén Sampedro, presidenta; Francisco Reiriz, vicepresidente; e Manuel Ramón Castiñeiras, tesoureiro. Sampedro lembrou que a deportista homenaxeada neste ano é María José Martínez Patiño por uns “méritos impresionantes”, con quen se organizou un encontro na semana pasada como antesala á carreira. Ademais, ela estará presente para dar a saída da carreira absoluta e entregar as medallas. E tampouco faltarán unha paella e a música de Drippers as pandeireteiras de Carreira para recuperar folgos.

Establécense un total de 13 categorías que deberán completar a distancia correspondente: pitufo, prebenxamín, sub-10, sub-12, sub- 14, sub-16, sub-20, sub-35, sub-45, sub-55, sub-65, +65 e a inclusiva.

A cita arrancará ás 10.30 horas coa sub-12 e sub-14 que percorrerán 900 metros para, ás 10.45 horas, dar paso á sub-16 cos seus 1.800 metros. As modalidades adultas (da sub-20 a +65) e inclusiva enfrontaranse a 6’6 quilómetros, a partir das 11.00 horas, mentres que a quenda da sub-10 será ás 11.45 horas con 500 metros e, as máis pequenas, prebenxamín e pitufo, correrán 100 e 80 metros, con horario establecido ás 12.00 e 12.10 horas, respectivamente.O circuíto sairá do campo da festa para dirixirse cara a Vixán, A Graña, Couso, subir pola Cerca, ir a carón da praia de Muro, Parte ó Río, O Cruceiro e chegar á meta.

Farase entrega de medallas aos tres postos do podio en cada categoría, agás pitufos e prebenxamíns que levarán todos unha pequena medalla de recordo.

Haberá tamén servizo de duchas no complexo deportivo da Fieiteira. As inscricións permanecen abertas ata as 23.00 horas so 13 de maio a través da páxina web www.galitiming.com e o prezo a aboar será de 7 euros en cada unha das modalidades, exceptuando as menores nas que a participación é de balde.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.