A fachada marítima do Son acolle estes días as creacións do III Concurso dos Maios

03 Maio 2026

As Concellerías de Medio Ambiente e Deportes, Xuventude e Ludoteca do Porto do Son organizaron estes días a terceira edición do Concurso dos Maios, unha actividade festiva, creativa e participativa aberta a todos os colexios de Infantil e Primaria do termo municipal.

A actividade incluíu dende este 30 de abril unha exposición aberta na fachada marítima de Porto do Son, que xa se pode visitar na vila, malia o mal tempo destes días.

Amais, contouse cun punto de recollida de maios aberto a toda a veciñanza para seren colocados nas vivendas.

Tras abrirse a inscrición a todas as Escolas Infantís e CEIP do Porto do Son, este ano participan cunhas fermosísimas composicións o CEIP Santa Irene de Porto do Son, o CEIP Portosín, a Escola Infantil Galiña Azul de Porto do Son e a Escola Infantil O Parque de Portosín.

O Concello confirmou que nuns días darase a coñecer a resolución do xurado, ao cal a organización agradeceu “infinitamente” a súa colaboración.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.