A Ecobrigada de Amicos desenvolve labores preventivos nos montes veciñais de Noia

28 Maio 2026

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Xunta de Galicia, Luisa Piñeiro, visitou este xoves 28 de maio as actuacións que a Ecobrigada
de Amicos está desenvolvendo nos montes veciñais de Noia, no marco do contrato de colaboración coa Consellería do Medio Rural a través do Distrito Forestal ao que pertence o municipio. A Ecobrigada de Amicos é un equipo de traballo impulsado pola asociación inclusiva do Barbanza que combina a protección ambiental e a xestión forestal sostible coa xeración de oportunidades laborais para persoas con discapacidade. Este recurso especializado desenvolve actuacións de conservación, prevención de incendios e mantemento forestal en diferentes puntos do territorio galego, promovendo ademais a inclusión social e laboral no ámbito rural.

O labor da Ecobrigada céntrase tamén no coidado da biodiversidade e na conservación do medio natural, contribuíndo á protección dos ecosistemas forestais mediante actuacións preventivas e sostíbeis que favorecen a mellora do monte galego.

Desta volta as actuacións estanse levando a cabo nos montes veciñais de Noia sobre unha superficie de 10 hectáreas, onde se executan traballos de roza, rexenerado, podas e tratamentos silvícolas preventivos orientados a mellorar o estado das masas forestais e reducir o risco de incendios.

A Ecobrigada está integrada nestes traballos por oito persoas con discapacidade, que desenvolven as tarefas co apoio de maquinaria especializada, entre ela un tractor forestal, e baixo a supervisión de dous técnicos. Durante a visita, Luisa Piñeiro puido coñecer de primeira man o desenvolvemento das actuacións e destacou que “é fundamental impulsar iniciativas que combinen a xestión forestal sostible coa inclusión social, ao tempo que se reforzan as actuacións preventivas para o coidado do monte galego e a prevención de incendios”.

A directora xeral puxo tamén en valor a aposta da Xunta de Galicia por unha contratación pública responsábel, que permite impulsar proxectos con impacto
ambiental e social positivo, favorecendo a creación de emprego inclusivo e o desenvolvemento de iniciativas comprometidas coa conservación do territorio.

Desde Amicos, o director xeral Xoán España Vidal sinalou que este tipo de contratos permiten xerar emprego estábel e especializado para persoas con discapacidade, ao tempo que contribúen ao coidado e mantemento do monte galego mediante actuacións preventivas fundamentais para a conservación do medio natural e para evitar riscos de incendio durante o verán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.