A Asociación de Amas de Casa de Ribeira culmina a súa viaxe cultural ás capitais imperiais europeas

07 Maio 2026

A Asociación de Amas de Casa de Ribeira culminou a súa viaxe cultural ás chamadas capitais imperiais europeas. Foi, sinalaron, “unha excelente experiencia na cal participou un numeroso grupo de 52 persoas”. Segundo explicaron, o itinerario incluíu visitas a algunhas das cidades máis emblemáticas do continente, comezando en Praga, capital da República Checa, “unha cidade que espertou o noso entusiasmo unánime pola súa gran beleza monumental, a súa historia e atmosfera única”.

O roteiro continuou pola Republica Checa, cunha parada na pintoresca localidade de Cesky Krumlov, cuxo encanto medieval cativou a todas as presentes (o entusiasmo foi “unánime”, indicaron).

Posteriormente a viaxe proseguiu cara a Viena, onde puideron admirar a gran riqueza cultural, arquitectónica e artística da capital austríaca, destacando os seus palacios como o de Schonbrunn, o de Sisi ou o Imperial cos seus espectaculares xardíns, ao mesmo tempo que admiraban as grandes avenidas de Viena as cales reflicten á perfección a súa elegancia e pasado imperial.

As e os participantes na expedición europea tamén puideron mergullarse no rico legado musical de Viena, onde seguen ligados moitos dos grandes compositores da música clásica, sen esquecer os famosos valses que evocan a época imperial. “En conxunto Viena ofrece unha combinación única de esplendor, converténdoa nunha das grandes capitais culturais de Europa”, engadiron dende a asociación, destacando que outro dos momentos especiais foi a estadía en Budapest, capital de Hungría, onde o grupo gozou dun cruceiro polo Danubio, unha experiencia especialmente valorada polas vistas privilexiadas da cidade iluminada, a visita ao palacio Buda e ao Parlamento, no cal puideron gozar da solemne cerimonia do cambio de garda.

O percorrido incluíu tamén a visita á pintoresca cidade pertencente a Hungría chamada Szentendre.

O grupo na súa totalidade regresou encantado non “só pola gran riqueza cultural do itinerario”, senón tamén “polo excelente ambiente de convivencia vivida durante toda a experiencia”. As e os participantes na viaxe expresaron de feito o seu desexo de “volver nun futuro para viaxar coa nosa asociación”. Esta reafirma así o seu compromiso coa promoción de mais actividades de lecer nas que se fomente este tipo de benestar, aprendizaxe e convivencia entre todas as súas persoas socias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.