A ANPA Santa Uxía de Ribeira elixe nova directiva para o período 2026-2028

30 Maio 2026

A ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira elixiu nova xunta directiva para o período 2026-2028 nunha asemblea extraordinaria celebrada o 29 de maio, na que resultou escollida por unanimidade a candidatura encabezada por Sabela Cuñarro Fiel.

A presidencia cambiará a partir do 20 de xuño, cando Unai González Suárez abandone o cargo tras liderar a asociación desde xaneiro de 2024. A nova directiva estará formada por dez membros.

A actual xunta despedirase o 19 de xuño, coincidindo coa festa fin de curso organizada pola ANPA no colexio pola mañá e no Yumi Yai pola tarde. Na súa despedida, a directiva agradeceu o apoio das familias e desexou éxito á nova equipa en beneficio da comunidade educativa.

Ademais, a entidade lembrou o éxito da I Xornada das Letras Galegas, celebrada o pasado 15 de maio, que reuniu preto de 500 persoas nunha tarde de inchables, obradoiros, xogos tradicionais, música, merenda e o concerto de Pakolas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.