A AC Mesa das Verbas e o Concello de Rianxo celebran este venres unha xornada de lembranza a Manuel Antonio, cun recital con micro aberto a partir das 18h

07 Maio 2026

Este venres 8 de maio vaise celebrar en Rianxo, no Auditorio Municipal a partir das 18.00 horas, un recital poético participativo con micro aberto organizado pola Asociación Cultural Mesa das Verbas coa colaboración do Concello de Rianxo. Será un recital poético convocado para honrar e lembrar a Manoel Antonio, insigne poeta e mariñeiro de Rianxo, que viviu entre 1900 e o 1930 e que publicou unha das grandes obras magnas da literatura galega: o libro de poemas De catro a catro. A xornada dará comezo ás 11.00 horas cunha recepción do Concello que dará paso a un percorrido cultural pola vila que fará paradas no Museo do Mar e na Casa de Manuel Antonio. Ás 14.00 horas haberá un xantar de confraternidade e ás 14.30 horas celebrarase un percorrido polo paseo marítimo. Entre as 18.00 e as 19.30 horas celebrarase o recital no Auditorio.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...