A ABE continúa cun novo lanzamento dixital o desenvolvemento do proxecto “Mans que teceron futuro”

13 Maio 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) presenta o cuarto e último eixo do proxecto Mans que teceron futuro. 6 historias de mulleres que construíron o noso presente, unha proposta cultural e de memoria histórica que pon en valor o papel de mulleres fundamentais na construción social, económica e humana de Boiro.

O proxecto nace do traballo de investigación e documentación desenvolvido por Antón Rodríguez Gallardo, autor do libro que recolle e analiza as historias destas mulleres e o seu impacto na memoria colectiva do territorio. O seu labor permitiu recuperar e contextualizar relatos de vida que, en moitos casos, permanecían dispersos ou pouco visibilizados.

Tras a presentación do libro, a mesa de emprendemento e o ciclo audiovisual Fálame sempre, a ABE dá agora un paso máis coa creación dun espazo dixital específico que reunirá e ampliará todos os contidos do proxecto “de maneira accesíbel e permanente”, informou a asociación empresarial.

Esta nova fase contará cunha plataforma web propia e cunha serie audiovisual e editorial estruturada en publicacións semanais nas redes sociais, ademais dun peche final colectivo baixo o título Mans que teceron futuro.

A iniciativa recolle as historias de seis mulleres que, desde contextos e realidades moi distintas, contribuíron de maneira decisiva á evolución social e económica do municipio:

-Luísa Vilá, vinculada á industria sardiñeira e ás relacións entre as dúas beiras da ría.

-Carmen Rebollido, exemplo de resiliencia e capacidade emprendedora en contextos adversos.

-Isabel Maestre, pioneira no comercio e no liderado económico nun tempo marcado polas barreiras para as mulleres.

-Mercedes, representación da emigración interna e do traballo invisible que sostivo fogares e familias.

-Manuela, mestra comprometida coa educación como ferramenta de transformación social.

-Bríxida Muñiz, símbolo da loita contra o caciquismo e da defensa da dignidade colectiva.

A estas historias sumarase tamén un contido especial dedicado ás mariscadoras de Boiro, protagonistas de mobilizacións clave na defensa dos recursos mariños e da economía local.

Baixo a idea central de Estas historias non son pasado. Son o que somos, o proxecto busca conectar a memoria local coa identidade actual do territorio, reivindicando o papel das mulleres na construción do tecido social e económico de Boiro.

A través desta iniciativa, a ABE reforza o seu compromiso coa cultura, a igualdade e a recuperación do patrimonio inmaterial, integrando formatos audiovisuais, narrativos e dixitais nunha proposta de acceso aberto para toda a cidadanía.

Calendario de publicacións

Mércores 13 de maio: estrea da web recopilatoria do proxecto e publicación dedicada a Luísa Vilá.

Domingo 24 de maio: publicación sobre Carmen Rebollido.

Domingo 31 de maio: publicación sobre Isabel Maestre.

Domingo 7 de xuño: publicación sobre Mercedes.

Domingo 14 de xuño: publicación sobre Manuela.

Domingo 21 de xuño: publicación sobre Bríxida Muñiz.

Domingo 28 de xuño: publicación especial dedicada ás mariscadoras de Boiro e peche colectivo baixo o título Mans que teceron futuro.

Quen queira máis información do proxecto tena na web da ABE.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.