Rescatan a un home tras envorcar coa súa cadeira de rodas nunha pista forestal en Outes

06 Maio 2026

Un home con mobilidade reducida tivo que ser rescatado tras sufrir unha caída mentres circulaba cunha cadeira de rodas eléctrica por unha pista forestal no municipio de Noia. O incidente, que puido ter consecuencias graves, quedou finalmente nun gran susto grazas á rápida intervención dos servizos de emerxencia.

Segundo fontes do operativo, o home percorreu unha longa distancia costa arriba por un terreo complicado, con fochancas, lama e grava, ata que acabou envorcando por un pequeno desnivel. Foi un ciclista que transitaba pola zona quen o localizou e deu aviso ao 112.

TVG

“Cando chegamos, xa estaban no lugar a ambulancia do 061 e o GES de Noia. Tratábase dun home de idade avanzada que caera coa cadeira de rodas. Procedeuse ao rescate e posteriormente foi trasladado ao centro de saúde de Noia”, explicou Francisco Manuel Sampedro Pérez, sarxento do parque de bombeiros de Boiro.

O ferido reside nun centro de maiores situado a uns 700 metros do lugar do accidente. Todo apunta a que saíra pasear pola aldea e, por causas que se descoñecen, decidiu internarse pola pista forestal, un camiño en mal estado polo que apenas circulan vehículos.

Veciños da zona amosaron a súa sorpresa polo sucedido e advertiron da perigosidade do terreo, especialmente para persoas con dificultades de mobilidade.

Desde o servizo de bombeiros insisten na necesidade de extremar as precaucións. “Recomendamos que as persoas con problemas de mobilidade eviten este tipo de pistas. Neste caso, o aviso foi rápido, pero puido haber consecuencias moito peores”, sinalaron.

O ciclista atopou ao home arredor das sete da tarde, pouco antes de que anoitecese, nunha zona illada e de difícil acceso, o que fai que o desenlace fose especialmente afortunado.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.