Xoves Santo tempo estable nas Rías Baixas e Santiago, con leve descenso das temperaturas

01 Abril 2026

As comarcas das Rías Baixas e Santiago de Compostela vivirán un Xoves Santo 2 de abril de tempo maioritariamente estable, marcado polo paso dunha fronte moi pouco activa polo extremo norte de Galicia.

Nas Rías Baixas e na área compostelá predominarán os ceos pouco nubrados ou despexados, con presenza puntual de nubes altas. Co avance da xornada iranse abrindo aínda máis claros, consolidando un ambiente seco e agradable.

Iso si, as temperaturas experimentarán un lixeiro a moderado descenso, polo que se notará un ambiente algo máis fresco respecto a días anteriores. (máximas de 21 graos nas rias e 17 no interior).

En canto ao vento, soprará do norte-nordés frouxo no interior, mentres que no litoral das Rías Baixas poderá acadar intensidade moderada.

meteogalicia

O noso mar; Vento do nordés, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 1 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.