Uns 150 deportistas participarán no quinto torneo de tenis en terra batida A Devesa

24 Abril 2026

O quinto torneo de tenis en terra batida A Devesa (Ribeira) contará coa participación duns 150 deportistas divididos nas categorías de veteranos, sub-18, dobres, masculina e feminina. Trátase dunha iniciativa que impulsa o Club de Tenis A Devesa coa colaboración do Concello de Ribeira e numerosos patrocinadores.

Dende a tarde deste 24 de abril e ata finais de xuño, cada fin de semana haberá encontros ata superar os 140 partidos. O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, destacou esta iniciativa por apostar polo tenis en terra batida coas particularidades que supón e que pon o foco nestas instalacións da parroquia de Olveira a nivel galego.

Tamén se pronunciaron Juan Fernández, Juan Franciso Fernández e Miguel Fernández -presidente, vicepresidente e vogal da entidade, respectivamente-, quen apuntaron o incremento da participación feminina nesta edición do torneo, así como a evolución do mesmo.

“O único de terra batida en toda Galicia”, como sinalou o vicepresidente.

Quixeron salientar tamén a implicación de toda a organización, nos que incluír á secretaria, María López, e a dous dos seus vogais, Iván e Sergio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.