
A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) informou de que xa estamos na recta final da Campaña do Día da Nai 2026, desenvolvida co lema Agasalla a Mamá. “Lembramos que a Campaña do Día da Nai entra nos seus últimos días, tras unha excelente acollida e cunha gran cantidade de tíckets xa rexistrados”, sinalaron dende AER, engadindo que “a participación está a ser moi positiva” e agradecendo “a implicación da cidadanía e dos establecementos comerciais nesta campaña tan especial”.
A campaña activouse o pasado venres 17 de abril e manterase aberta até o 3 de maio, co obxectivo de “fomentar as compras nos establecementos locais e premiar a fidelidade da clientela”.
Durante este período, por cada compra nos comercios participantes, os clientes poderán optar a gañar un premio de 1.000 euros para gastar nun só día no comercio local participante. Ademais, o sorteo inclúe dous cheques de compra por Gadis, unha cea para dúas persoas no Restaurante Sisal e un vale de combustíbel en Cepsa.
A AER agradeceu en nome da AER a implicación na campaña de Hipermercados Gadis, Sisal e Cepsa pola súa colaboración na campaña.
Como complemento, o sábado 2 de maio pola mañá e pola tarde Ribeira acollerá unha actividade especial cun tren infantil que percorrerá as rúas da localidade, ofrecendo paseos para nenos e maiores. Para acceder, será necesario conseguir vales nos comercios participantes a través das compras, ata fin de existencias.
Amais do devandito repartiranse sobre 3.000 tíckets de estacionamento aos comercios participantes para dar coas compras da campaña.
Para participar no sorteo, será preciso rexistrar os tíckets de compra nos códigos QR da cartelería o na páxina web da asociación.
Esta campaña pretende “incentivar o consumo de proximidade e poñer en valor o comercio local nunha data tan sinalada como o Día da Nai”, sinalaron dende a AER.
A iniciativa está co-financiada pola Xunta de Galicia a través de Comercio Galego.



